miércoles, 7 de septiembre de 2016

AS COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Na actualidade nin a escola, nin a familia, tampouco o municipio nin o barrio poden educar en solitario, é dicir, de forma independiente, xa que a información, os valores, as pautas de actuación, etc. están en moitos sitios diferentes e incluso son contradictorios.
A educación é fundamental para resolver todo tipo de problemas pero non só coa escola como único axente de cambio, senon unindo esforzos para traballar nunha mesma dirección.
Un proxecto que ten en conta todos os aspectos mencionados é o das Comunidades de Aprendizaxe.
Podemos decir que as Comunidades de Aprendizaxe (CA) son un proxecto de transformación social e cultural dun centro educativo e do seu entorno, para conseguir unha sociedade da información tendo en conta a todas as persoas, basandose no aprendizaje dialóxico. Asimesmo, un pilar clave das CA é o da educación participativa da comunidade que se concreta en todos os seus espazos, incluida a aula.
Tamén poderiamos definir a unha Comunidade de Aprendizaxe como aquela agrupación de persoas que se organiza para construír e involucrarse nun proxecto educativo e cultural propio, e que aprende a través do traballo cooperativo e solidario, é dicir, a través dun modelo de formación máis aberto, participativo e flexible que os modelos máis tradicionais. Outra definición de CA sería aquel grupo de persoas que aprende conxuntamente, utilizando ferramentas comúns nun mesmo ámbito.
A súa expansión explícase como resultado dun conxunto de factores, como, por exemplo (Torres, 2001, p.1-2):
  •     A tendencia á “glocalización” (globalización e o seu impulso inverso, a localización) e, neste contexto, o rexurdimento do local do chamado “desenvolvemento comunitario”.
  • O achicamento do estado, resulta de procesos de descentralización, a maior complexidade da sociedade civil, a activación das alianzas entre diferentes sectores e actores e o aumento da participación cidadá en diferentes ámbitos.
  • O nacemento e expansión das tecnoloxías da información e da comunicación.
  • A maior importancia da educación e o aprendizaxe nunha sociedade do coñecemento e do aprendizaxe permanente.
  • O recoñecemento da diversidade como valor e necesidade para responder a realidades concretas.
  • O desencanto co sistema escolar e cos reiterados intentos de reforma educativa.


En canto ós participantes involucrados nunha CA serían: alumnado, familias, docentes, voluntarios, profesionais e outros axentes.

Por outro lado, as condición que deben darse para que existan as CA según García (2005, 4) serían:
  • Situar as persoas no centro da aprendizaxe.
  • Permitir un acceso a todos en igualdade de condicións.
  • Realizar traballo colaborador en grupo.
  • Facilitar a participación aberta e as estruturas horizontais de funcionamento.
  • Avanzar nas innovacións técnicas necesarias e facilitar ferramentas que favorezan ámbitos modernos e flexibles.
  • Promover cambios institucionais que faciliten o seu desenvolvemento.
  • Buscar modelos efectivos para o seu funcionamento.

Se estas condicións se dan, os beneficios poden ser moitos, xa que:
  • Ao utilizar o diálogo como eixe central do proceso, lógrase unha maior interacción e participación.
  • A responsabilidade compartida favorece que todos os membros da comunidade participen no proceso de aprendizaxe.


O funcionamiento dentro dunha CA é sinxelo. Plantexan a educación e a convivencia como parte da transformación social e cultural dun centro educativo e do seu entorno, basado no aprendizaxe dialóxico. Isto supón reestructurar todo, dende a aula ata a organización do centro e a súa relación coa comunidade, barrio ou pobo, basándose no diálogo e na diversidade de interacción, para conseguir que todas as persoas adquiran os coñecementos e as habilidades necesarias coa finalidade de disminuir as diferencias sociais, fomentando a participación crítica e potenciando unha relación igualitaria entre todas as persoas e culturas.
Sen embargo, para que unha CA alcance o éxito debería incorporar a todas as persoas da comunidade nun proxecto común. Por exemplo, traballar o ámbito educativo (escolas), o ámbito sanitario (centros de saúde) e o ámbito comunitario (o concello) de forma conxunta. Hai que buscar estratexias para que todas as familias e diferentes profesionais participen neste soño que vai a servir de motor cara a acción e a utopía que o orientan.
O traballo dentro dunha CA precisa dunha clara organización grupal. É indispensable abordar os temas prioritarios por todos os axentes. Hai que formar comisións mixtas de profesorado, familiares, voluntariados, profesionais, alumnado e outros axentes. Entre todos eles planifícanse as accións necesarias para levar adiante unha determinada prioridade. Posteriormente haberá un reparto de tareas, decidido entre todos, que en cada actividade diferente estarán implicadios uns axentes máis que outros.
É importante que todos os axentes que pertencen á CA se sintan incluidos en todo tipo de cuestións e fagan as súas aportacións.
Uns exemplos clave que destacarían por traballar en Comunidades de Aprendizaje é a Escola de Persoas Adultas de La Verneda-Sant Martí. Trátase dun centro que iniciou o seu funcionamento no ano 1978 con un proxecto de traballo coordinado entre escola e barrio. Na actualidade é un referente educativo a nivel internacional. En España ata o ano 1995 non se incluiu o proxecto de CA a nivel de educación obrigatoria, nunha escola de Ed. Primaria no País Vasco.

Xa para finalizar, cabe destacar que a creación dunha organización e dun ambiente de aprendizaxe alternativa á organización escolar tradicional, converter ó centro educativo nun lugar de aprendizaje para toda a comunidade, máis alá das tarefas escolares, así como planificar sempre unhas finalidades claras, expresadas e compartidas pola comunidade, á vez que fomentamos altas expectativas, é moi enriquecedor para toda a comunidade.

Polo tanto, a educación ten que facer fronte a unha sociedade cada vez máis diversa xa que vivimos na era da globalización. Por ese motivo a participación de todos os axentes na escola supón un enriquecemento do contexto de aprendizaxe e consecuentemente da comunidade de aprendizaxe. Este proxecto ten que servir para toda a comunidade posto que non se trata de adaptarnos e sobrevivir, senon de transformarnos. 



Lucía Lomba Portela

No hay comentarios:

Publicar un comentario