lunes, 27 de enero de 2014

“Os problemas posturais relacionados co uso do ordenador en nenos e adolescentes”

Nos últimos anos, existe unha crecente preocupación sobre a relación entre o uso do ordenador e os informes de dor e molestias nos estudantes. Os investigadores indican que a maioría dos nenos/adolescentes manteñen a postura inaceptable fronte o ordenador. Créese que os estilos de vida e a utilización de novas tecnoloxías teñen unha influencia sobre dita dor e malestar corporal.

Como os nenos crecen, e van a interactuar e usar estes dispositivos na maior parte das súas vidas, a utilización saudable do mesmo pode ser vital para a prevención e a redución da incidencia do malestar e a dor asociado cas novas tecnoloxías.

Mentres as directrices para o uso do ordenador para os adultos baséase na investigación científica, as directrices de uso que dispoñemos para os nenos son as que se fan para os adultos debido a limitada investigación específica que existe para esa franxa de idade. Desta maneira, os nenos teñen que aumentar o esforzo para adaptarse ás mesas e equipos de traballo dos adultos.

O uso indiscriminado das novas tecnoloxías pode por en risco o desenrolo físico e harmónico dos nenos, debido á insuficiencia ergonómica das estacións de traballo e o rendemento das posturas fixas e incorrectas. A isto, debemos engadir o tempo dedicado ás actividades sedentarias en lugar das físicas.

As molestias que refiren ós alumnos son principalmente no pescozo, seguido dos ombreiros e dos dedos.
Existe pouca intervención ergonómica e educación postural impulsada dende os entes públicos. As intervencións realizadas polos diferentes autores nos indican que deben deseñarse programas dende idades temperás e que se observan resultados estatisticamente significativos na postura dos suxeitos.
Estas intervencións deben incluír:

  • ·         O fomento da actividade física, para contrarrestar o efecto producido pola sedestación prolongada con uso deste dispositivo.
  • ·         A mellora da postura (educación postural) durante as tarefas realizadas no ordenador.
  • ·         A adecuación da estación de traballo: cadeira, escritorio, pantalla e o dispositivo de entrada de datos.
  • ·         A indicación do correcto uso do ordenador portátil e o transporte do mesmo. 


Tania García
(Fisioterapeuta e Lcda en Ciencias da Actividade física e do Deporte)




No hay comentarios:

Publicar un comentario