Se este ano antes
de comezar o novo curso, pensaches que por fin, serás responsable, que farás todas
as tarefas sen protestar, que te sentarás na primeira fila e escoitarás ó
profesor como se dun adestrador de fútbol se tratase, que estudarás para ter o
verán libre, que non deixarás nada para o último momento, espertándote pola
mañá feliz ca túa maleta para ir ó colexio. Agora é o momento de poñer todo iso
en práctica e comezar o curso co pé dereito, reconsiderándote se de verdade estás
feito un home de palabra, capaz de asumir aquilo que te propós.
Neste blog
atoparás todo aquilo que necesitas para conseguir os teus obxectivos e
demostrarte a ti mesmo e os demais que querer é poder, sabendo cómo facelo.
Para todos
aqueles pais que non conseguen ter fillos responsables porque a nai natureza
non se lembrou deles, aqueles pais que se senten perdidos, angustiados, que xa
non saben cómo comportarse co seu fillo e están a punto de tirar a toalla neste
blog teñen a súa disposición estratexias, axuda e consellos para solucionar o
que a nai natureza ás veces esquece por mor do abarrotamento de traballo que se
trae entre mans. Ás veces a pobre, non da abasto.
E para finalizar
para todos aqueles educadores, que seguen pensando que todos os alumnos serven
para estudar, que non sempre ten toda a culpa do seu fracaso para eles tamén
temos material.
Cada alumno
é un mundo e o mundo é de todos e para todos!
Así que
fagamos todo o posible porque todos os nenos teñan a mesma igualdade de
oportunidades, de condicións dentro das súas características persoais e entre
todos fagamos que a educación do neno sexa o importante.
Para todos
aqueles mestres que comezan a súa andaina educativa e non teñen experiencia
dabondo para comezar a andar só, neste blog lle adxuntamos material para que
poida desenvolver a súa docencia da maneira máis eficaz posible.
O
importante non é saber de onde sae a utilidade, senón de utilizar as
ferramentas idóneas para conseguir o mellor dos resultados para cada neno.
Todos os nenos teñen algo e ese algo é necesario potencialo, descubrilo.
Esa é a
nosa labor!
Ánimo a
todos no comenzo deste novo e inovador curso lectivo.
Saúdos!
Yolanda.