jueves, 14 de noviembre de 2013

ORIENTAR PARA O HUMANO: ENSINAR A PENSAR.

"Aprender sin pensar es esfuerzo perdido; pensar sin aprender, peligroso." 
Confucio.

O punto álxido de aprender a pensar está en aprender a aprender. Unha autonomía por parte do alumno que permita levar adiante un proceso de aprendizaxe mediante a creación das súas propias argumentacións, o desenrolo dun pensamento abstracto e hábil sen significar iso, a supresión da figura do docente. Este debe aprender a ensinar para conseguir a independencia pensante e autónoma sobre o educando, xa que a maior coñecemento, máis rica será a execución intelectual e máis eficaz.

Aprender a pensar axuda a mellorar o desempeño intelectual en materias abstractas, a elevar o rendemento escolar e a competencia en situacións sociais. O profesorado pode e debe trazar a importancia da participación, a exploración e o descubrimento como estratexias de coñecemento por parte dos alumnos.
Nos obxectivos xerais das áreas nesta etapa, inclúense especificamente diferentes aspectos do ensinar a pensar precisando un control cognitivo para planificar, controlar e aplicar ditas estratexias a outras situacións de aprendizaxe.

Caducou xa a etapa na que o educador era o coñecemento absoluto, a única fonte de información autorizada, o discurso pedagóxico, un dogma incuestionable no aula e na que os demais elementos non son válidos. O educador debe estar preparado para aprender a ensinar, ensinar a pensar. Este é un desafío significativo para a Nova  Educación, xa que non hai peor cego que o que non quere apreciar que a realidade mudou.

O educador debe reflexionar profundamente sobre esta realidade contextual e debe reconsiderarse cal debe ser o seu rol neste novo estado onde as necesidades variaron. Necesidades que non están en sintonía cos vellos hábitos, desconectados da realidade e perpetuados a través do tempo. Tempo pasado que se diluíu cambiando deste modo o escenario educativo, as necesidades do contexto e a concepción da figura do educador e do educando.

Para que se ensine a pensar, o docente primeiro debe aprender a ensinar, xa que non pode darse o que previamente non se tivo ou se adquiriu.

Probablemente ó largo do camiño haberá reticencias e resistencias, pero iso non pode paralizarnos para actuar e sempre deberemos avanzar.

A burocracia que opera en repetidas ocasións, símil dunha máquina que dificulta e que frea as decisións e que coñecen moi ben aqueles que presiden cargos directivos en establecementos escolares  e que forman parte da realidade. Debemos contemplalo para non estancarnos en meros discursos e para reaccionar con coraxe e determinación intervindo na realidade educativa ensinando a pensar con resistencias e reticencias, se é necesario.



Yolanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario