miércoles, 20 de noviembre de 2013

A HISTORIA INVITA Á REALIDADE E A REALIDADE SERÁ LECTURA: 1.MEDRANDO CÁ LECTURA



A lectura é unha das actividades máis eficaces e importantes que o ser humano realiza ó longo da súa vida. En primeiro lugar, a lectura, do mesmo modo que todas as restantes actividades intelectuais, é unha actividade exclusiva e única dos seres humanos, únicos seres vivos capaces de desenrolar un sistema intelectual e racional avanzado. Polo tanto, a lectura é unha daquelas actividades que nos define do que somos fronte ó resto dos seres vivos. A lectura é unha actividade que polo xeral comeza a adquirirse moi lentamente dende moi temperán idade e se mantén de por vida, é dicir, non se perde co tempo.

Case común a todos os nenos e que senten máis atracción polas cancións populares, películas, videoxogos que polos contos, iso non quere dicir que os contos sexan aburridos, senón que só teñen uns obxectivos finais: comprensión, concentración, dicción, ton de voz, claridade, escoita, compromiso, atención, curiosidade, imaxinación, reflexión etc... cos que o neno moitas veces non está disposto a xogar dentro da súa rutina.

O obxectivo primordial é que inviten ós alumnos a poder gozalos, vivilos e experimentalos sen que o factor aburrimento se apodere da súa imaxinación. Calquera actividade pode ser máis amena e divertida, segundo a forma na que se traballe ou na metodoloxía utilizada, é ese será o obxectivo que deberemos perseguir.

Se lles inculca ós nenos a que lean dende moi novos, pero a maioría non quere ler e opina que os libros obrigados non son todo o motivadores que deberían e que rara vez os enrolan nese mundo imaxinativo é pracenteiro; un mundo de valores e sentimentos como é a lectura. Por iso, prefiren ler banda deseñada ou directamente néganse a ler.

Deste xeito, considero que se dende idades moi curtas lles ensinamos ós máis pequenos que existen estratexias, métodos e actividades para captar a atención e dedicación lectora, para darlle máis vida ó relato, é posible e case probable que os nenos cando sexan maiores aprecien e gocen da lectura.

A lectura ten que ser un elemento para divertir, motivar, desenrolar a imaxinación, a creatividade. Ó longo da nosa infancia estamos inmersos nun mundo onde non somos capaces de discernir entre fantasía e realidade. Pero grazas os contos podemos vivir experiencias, sensacións, emocións extraordinarias. A nosa finalidade, non é só que o neno atenda ó contido do relato, senón tamén a forma na que este se expresa, relacionando a historia coa vida real.


Hai unha afinidade entre a realidade e a palabra o desenrolarse ambas ó mesmo tempo. A incorporación da lectura e da realidade nas aulas, proporcionará unha diversidade de sensacións que doutro modo non se podería conseguir. Establécese un circuíto de retroalimentación; a historia invita á realidade e a realidade será lectura.


Yolanda.


No hay comentarios:

Publicar un comentario