lunes, 25 de noviembre de 2013

3. A LECTURA NOS FOGARES

Para comezar debemos ofrecerlles ós nosos pequenos un bo exemplo. Non cabe dúbida de que os fillos que na súa máis tenra infancia miran ler a seus pais comezan a sentir curiosidade dende pequenos e isto lles acaba acercando á lectura. Por tanto, podemos intentar fomentar o interese dos nosos fillos sentándoos cerca deles periodicamente mentres leemos un libro ou, simplemente, a prensa do día. Non cabe dúbida de que, ó contemplarnos, máis tarde ou máis cedo acabarán preguntándonos sobre o que leemos e iso será un bo método para transmitirlles o fantástico que pode resultar ler; o marabilloso mundo que se agocha detrás dos libros.

Tamén é importante que nos habituemos a relatar e expoñer contos na casa. Pode darse o caso que moitos pais se sintan incapaces de narrar unha historia. Nesas situacións, sempre se poderá recorrer ós libros tradicionais ou a contos espontáneos inventados.

Unha vez habituados a ler un conto diario, (antes de durmir, por exemplo) podemos intentar deixalo no capítulo máis interesante. (Tamén podemos axudarnos das NNTT e probar a adaptar o hábito á realidade. Poderemos axudarnos dun e-book que chamará de seguro máis a atención do neno.) Así ó día seguinte non só non lles custará tanto ir para á cama senón que estarán desexando que chegue o máxico momento da lectura. Isto axudará a propiciar que se respire un maior ambiente lector.

Yolanda Fernández
(Profesora de educación musical).

No hay comentarios:

Publicar un comentario