miércoles, 27 de noviembre de 2013

4. METODOLOXÍA LECTORA

Deberemos esforzarnos por conseguir un método de ensinanza que permita desenrolar e fortalecer a comprensión da lectura por medio de variadas estratexias pedagóxicas que na práctica se converten en xogos para aprender a ler, que promova o desenrolo da autoestima dos nenos, pois respecta e desenrola a súa personalidade: Guiará ó neno no seu descubrimento, ensinaralles a pensar, a buscar, a indagar a expresar o que descubriu. 

A lectura é o principal desenrolo intelectual dos nenos: Intentemos que os nosos fillos lean, que gocen do que leen e o primordial que entendan o que leen á vez que medran ca lectura. Que a lectura se converta nunha forma de actuar, porque hai moito que ler e ler conta. 

Maduremos ós nosos fillos co pracer da lectura!

Yolanda Fernández
(Profesora de Educación Musical).



lunes, 25 de noviembre de 2013

3. A LECTURA NOS FOGARES

Para comezar debemos ofrecerlles ós nosos pequenos un bo exemplo. Non cabe dúbida de que os fillos que na súa máis tenra infancia miran ler a seus pais comezan a sentir curiosidade dende pequenos e isto lles acaba acercando á lectura. Por tanto, podemos intentar fomentar o interese dos nosos fillos sentándoos cerca deles periodicamente mentres leemos un libro ou, simplemente, a prensa do día. Non cabe dúbida de que, ó contemplarnos, máis tarde ou máis cedo acabarán preguntándonos sobre o que leemos e iso será un bo método para transmitirlles o fantástico que pode resultar ler; o marabilloso mundo que se agocha detrás dos libros.

Tamén é importante que nos habituemos a relatar e expoñer contos na casa. Pode darse o caso que moitos pais se sintan incapaces de narrar unha historia. Nesas situacións, sempre se poderá recorrer ós libros tradicionais ou a contos espontáneos inventados.

Unha vez habituados a ler un conto diario, (antes de durmir, por exemplo) podemos intentar deixalo no capítulo máis interesante. (Tamén podemos axudarnos das NNTT e probar a adaptar o hábito á realidade. Poderemos axudarnos dun e-book que chamará de seguro máis a atención do neno.) Así ó día seguinte non só non lles custará tanto ir para á cama senón que estarán desexando que chegue o máxico momento da lectura. Isto axudará a propiciar que se respire un maior ambiente lector.

Yolanda Fernández
(Profesora de educación musical).

viernes, 22 de noviembre de 2013

2. A LECTURA NAS AULAS


 É moi importante incorporar o conto na Educación Primaria. Os contos desenrolan a percepción visual, habilidades e destrezas da competencia lingüística, podendo incluso, dramatizalos, o que permitirá desenrolar nos alumnos capacidades perceptivas, orais  e auditivas, de atención, concentración, memoria, vocabulario, pensamento...
Este tipo de actividades  deberían comezar dende a Educación Infantil, xa que os contos constitúen unha excelente motivación para a lectura. O conto favorece un desenvolvemento psicomotor, socio-afectivo e cognitivo, xa que a través deles, establécense unha relación cos estímulos literarios, plásticos, creativos, imaxinativos... poñendo en práctica unha ensinanza activa e participativa que permite o perfecto desenvolvemento da educación integral.

Moitas veces nos cuestionamos cómo conseguir un completo hábito lector no alumno. Deberemos lembrar que un bo hábito só comeza a desenrolarse cando na casa se soubo espertar un interese pola lectura. Deberemos respectar os seus gustos con atención, propoñer sen impoñer, ler demasiado en voz alta e escoitar con moita curiosidade.

Un aspecto importantísimo e saber motivalos dende moi curta idade. Aprender a ler é unha tarefa complicada e difícil e senón se produce unha boa motivación colateral, o neno só aprenderá a ler o que lle manden no colexio, sen máis, e xa non lle quedarán ganas de seguir esforzándose na casa, sobre todo cando, mirar a televisión, por exemplo, non require apenas esforzo e tamén é divertido. Na casa, polo tanto temos unha tarefa sumamente significativa e entretida entre mans.


Yolanda.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

A HISTORIA INVITA Á REALIDADE E A REALIDADE SERÁ LECTURA: 1.MEDRANDO CÁ LECTURA



A lectura é unha das actividades máis eficaces e importantes que o ser humano realiza ó longo da súa vida. En primeiro lugar, a lectura, do mesmo modo que todas as restantes actividades intelectuais, é unha actividade exclusiva e única dos seres humanos, únicos seres vivos capaces de desenrolar un sistema intelectual e racional avanzado. Polo tanto, a lectura é unha daquelas actividades que nos define do que somos fronte ó resto dos seres vivos. A lectura é unha actividade que polo xeral comeza a adquirirse moi lentamente dende moi temperán idade e se mantén de por vida, é dicir, non se perde co tempo.

Case común a todos os nenos e que senten máis atracción polas cancións populares, películas, videoxogos que polos contos, iso non quere dicir que os contos sexan aburridos, senón que só teñen uns obxectivos finais: comprensión, concentración, dicción, ton de voz, claridade, escoita, compromiso, atención, curiosidade, imaxinación, reflexión etc... cos que o neno moitas veces non está disposto a xogar dentro da súa rutina.

O obxectivo primordial é que inviten ós alumnos a poder gozalos, vivilos e experimentalos sen que o factor aburrimento se apodere da súa imaxinación. Calquera actividade pode ser máis amena e divertida, segundo a forma na que se traballe ou na metodoloxía utilizada, é ese será o obxectivo que deberemos perseguir.

Se lles inculca ós nenos a que lean dende moi novos, pero a maioría non quere ler e opina que os libros obrigados non son todo o motivadores que deberían e que rara vez os enrolan nese mundo imaxinativo é pracenteiro; un mundo de valores e sentimentos como é a lectura. Por iso, prefiren ler banda deseñada ou directamente néganse a ler.

Deste xeito, considero que se dende idades moi curtas lles ensinamos ós máis pequenos que existen estratexias, métodos e actividades para captar a atención e dedicación lectora, para darlle máis vida ó relato, é posible e case probable que os nenos cando sexan maiores aprecien e gocen da lectura.

A lectura ten que ser un elemento para divertir, motivar, desenrolar a imaxinación, a creatividade. Ó longo da nosa infancia estamos inmersos nun mundo onde non somos capaces de discernir entre fantasía e realidade. Pero grazas os contos podemos vivir experiencias, sensacións, emocións extraordinarias. A nosa finalidade, non é só que o neno atenda ó contido do relato, senón tamén a forma na que este se expresa, relacionando a historia coa vida real.


Hai unha afinidade entre a realidade e a palabra o desenrolarse ambas ó mesmo tempo. A incorporación da lectura e da realidade nas aulas, proporcionará unha diversidade de sensacións que doutro modo non se podería conseguir. Establécese un circuíto de retroalimentación; a historia invita á realidade e a realidade será lectura.


Yolanda.


domingo, 17 de noviembre de 2013

A ESCOLA QUE OS ALUMNOS QUEREN: Brightworks, unha escola extraordinaria.


Imaxinade unha escola extraordinaria:


Na que non hai aulas…
Na que os alumnos, non están separados por idades...
Na que non hai exames, nin tests, nin evaluacións...
Na que aprenden a partir das súas propias ideas, 
investigando no mundo real
e creando cás súas propias mans.


jueves, 14 de noviembre de 2013

ORIENTAR PARA O HUMANO: ENSINAR A PENSAR.

"Aprender sin pensar es esfuerzo perdido; pensar sin aprender, peligroso." 
Confucio.

O punto álxido de aprender a pensar está en aprender a aprender. Unha autonomía por parte do alumno que permita levar adiante un proceso de aprendizaxe mediante a creación das súas propias argumentacións, o desenrolo dun pensamento abstracto e hábil sen significar iso, a supresión da figura do docente. Este debe aprender a ensinar para conseguir a independencia pensante e autónoma sobre o educando, xa que a maior coñecemento, máis rica será a execución intelectual e máis eficaz.

Aprender a pensar axuda a mellorar o desempeño intelectual en materias abstractas, a elevar o rendemento escolar e a competencia en situacións sociais. O profesorado pode e debe trazar a importancia da participación, a exploración e o descubrimento como estratexias de coñecemento por parte dos alumnos.
Nos obxectivos xerais das áreas nesta etapa, inclúense especificamente diferentes aspectos do ensinar a pensar precisando un control cognitivo para planificar, controlar e aplicar ditas estratexias a outras situacións de aprendizaxe.

Caducou xa a etapa na que o educador era o coñecemento absoluto, a única fonte de información autorizada, o discurso pedagóxico, un dogma incuestionable no aula e na que os demais elementos non son válidos. O educador debe estar preparado para aprender a ensinar, ensinar a pensar. Este é un desafío significativo para a Nova  Educación, xa que non hai peor cego que o que non quere apreciar que a realidade mudou.

O educador debe reflexionar profundamente sobre esta realidade contextual e debe reconsiderarse cal debe ser o seu rol neste novo estado onde as necesidades variaron. Necesidades que non están en sintonía cos vellos hábitos, desconectados da realidade e perpetuados a través do tempo. Tempo pasado que se diluíu cambiando deste modo o escenario educativo, as necesidades do contexto e a concepción da figura do educador e do educando.

Para que se ensine a pensar, o docente primeiro debe aprender a ensinar, xa que non pode darse o que previamente non se tivo ou se adquiriu.

Probablemente ó largo do camiño haberá reticencias e resistencias, pero iso non pode paralizarnos para actuar e sempre deberemos avanzar.

A burocracia que opera en repetidas ocasións, símil dunha máquina que dificulta e que frea as decisións e que coñecen moi ben aqueles que presiden cargos directivos en establecementos escolares  e que forman parte da realidade. Debemos contemplalo para non estancarnos en meros discursos e para reaccionar con coraxe e determinación intervindo na realidade educativa ensinando a pensar con resistencias e reticencias, se é necesario.



Yolanda.