Un Sistema
Educativo é de maior calidade cando é capaz de atender da mellor maneira
posible ós alumnos con Necesidades Educativas Especiais. En calquera proxecto
educativo, no vocabulario docente cotiá deben aparecer contemplados e
formar parte os termos como inclusión,
normalización, atención á diversidade.
O maior
obxectivo educativo debe ser avanzar na plena escolarización dos alumnos
máis desfavorecidos por diferentes causas.
A continuación
lle ofrecemos unha guía rápida de
recursos TIC que axudará ós docentes a afrontar a súa tarefa para dar
resposta o máis satisfactoria posible ó seu alumnado con Necesidades Educativas Especiais.
PROXECTO AZAHAR
AZAHAR é un conxunto de dez aplicacións sobre comunicación, ocio e planificación que, executadas a través do ordenador
ou do teléfono móbil, axudan a mellorar a calidade de vida e a autonomía das
persoas con autismo e con discapacidade intelectual.
As aplicacións
conteñen pictogramas, imaxes e sons que se poden adaptar a cada usuario,
podendo utilizarse, ademais, novos pictogramas, fotos das propias persoas e dos
seus familiares, así como a súas voces, etc...
PROXECTO APRENDER
PROXECTO APRENDER vai dirixido a alumnos con dificultades
de aprendizaxe independentemente de cal sexa a súa causa ou orixe. A súa
finalidade é dar resposta segundo ás necesidades que presenten os alumnos
en función do nivel de competencia curricular que posúan e do grao de autonomía
que poidan presentar.
AULA PT
AULA PT atopamos material para traballar con alumnos
con Necesidades Educativas Especiais e que pode ser moi útil para o
profesor-titor na súa aula dende a Educación Infantil ata a Secundaria, clasificados por áreas de
aprendizaxe e unidades didácticas adaptadas.
CATÁLOGO DE SOLUCIÓNS TIC PARA
O ALUMNADO CON NEAE
GUÍA MULTIMEDIA DE RECURSOS EDUCATIVOS PARA
ALUMNOS CON NEE
Nesta guía completa atoparemos recursos para
o profesorado e actividades para o alumnado con NEE.
A ATENCIÓN
DO ALUMNADO CON DISLEXIA NO SISTEMA EDUCATIVO NO CONTEXTO DAS NECESIDADES
ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Este estudo
constitúe un riguroso acercamento ó tratamento no sistema educativo español nas
dificultades específicas de aprendizaxe en
xeral, e da dislexia en particular,
cunha visión de conxunto das diferentes actuacións das Administracións
Educativas Españolas.
PROXECTO “EMOCIONES”
Os obxectivos desta guía
son:
-Comprender a educadores e mozos os problemas que plantexan os diferentes tipos
de discapacidades e cómo enfrontarse a elas de forma lúdica e divertida por un
lado e consciente e responsable por outro.
-Poñer en mans dos educadores de
secundaria un instrumento pedagóxico para educar e comprender a discapacidade.
A guía consta de dúas partes, unha
primeira onde se establecen os obxectivos xerais para a etapa e a unha
segunda que está centrada a xogos e actividades.