miércoles, 18 de septiembre de 2013

A UNIÓN FAI A FORZA!


Se este ano antes de comezar o novo curso, pensaches que por fin, serás responsable, que farás todas as tarefas sen protestar, que te sentarás na primeira fila e escoitarás ó profesor como se dun adestrador de fútbol se tratase, que estudarás para ter o verán libre, que non deixarás nada para o último momento, espertándote pola mañá feliz ca túa maleta para ir ó colexio. Agora é o momento de poñer todo iso en práctica e comezar o curso co pé dereito, reconsiderándote se de verdade estás feito un home de palabra, capaz de asumir aquilo que te propós.
Neste blog atoparás todo aquilo que necesitas para conseguir os teus obxectivos e demostrarte a ti mesmo e os demais que querer é poder, sabendo cómo facelo.

Para todos aqueles pais que non conseguen ter fillos responsables porque a nai natureza non se lembrou deles, aqueles pais que se senten perdidos, angustiados, que xa non saben cómo comportarse co seu fillo e están a punto de tirar a toalla neste blog teñen a súa disposición estratexias, axuda e consellos para solucionar o que a nai natureza ás veces esquece por mor do abarrotamento de traballo que se trae entre mans. Ás veces a pobre, non da abasto.


E para finalizar para todos aqueles educadores, que seguen pensando que todos os alumnos serven para estudar, que non sempre ten toda a culpa do seu fracaso para eles tamén temos material.
Cada alumno é un mundo e o mundo é de todos e para todos!
Así que fagamos todo o posible porque todos os nenos teñan a mesma igualdade de oportunidades, de condicións dentro das súas características persoais e entre todos fagamos que a educación do neno sexa o importante.
Para todos aqueles mestres que comezan a súa andaina educativa e non teñen experiencia dabondo para comezar a andar só, neste blog lle adxuntamos material para que poida desenvolver a súa docencia da maneira máis eficaz posible.
O importante non é saber de onde sae a utilidade, senón de utilizar as ferramentas idóneas para conseguir o mellor dos resultados para cada neno. Todos os nenos teñen algo e ese algo é necesario potencialo, descubrilo.
Esa é a nosa labor!


Ánimo a todos no comenzo deste novo e inovador curso lectivo.

Saúdos!


Yolanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario