martes, 7 de febrero de 2012


Este blog pretende ser unha nova vía de comunicación entre toda a 
comunidade educativa para compartir experiencias, materiais, espazos 
e ideas co fin de axudar ao alumnado no dominio das diferentes 
competencias básicas.
Por iso, partiremos das múltiples posibilidades que ten o noso entorno 
para o deseño do curriculum dos diferentes cursos de educación 
infantil, primaria e secundaria.
O obxectivo é: Establecer redes de colaboración entre todos os
implicados na labor educativa: familias, institucións, profesores e
alumnado e crear recursos que axuden aos nenos a pensar e solucionar os problemas que se vai atopar na sua vida cotiá.